O alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga continúa participando no club de lectura no que seguro será o derradeiro ano no centro para eles. Desta vez atrevémonos con
A crueldade de abril de Diego Ameixeiras, unha obra de novela negra proposta conxuntamente co club de lectura do IES Monte da Vila do Grove.
Aínda que o noso club este curso volve ser moi numeroso, desfrutamos da lectura e as xuntanzas que nos serviron para comentar esta obra que tivo unha moi boa acollida.
Ademais, sabemos que isto non remata aquí e, aínda que xa estamos lendo Beleza vermella, de Arantza Portabales, quédannos aínda algunhas sorpresiñas arredor de A crueldade de abril, entre elas a visita do autor o 12 de marzo.
Boa lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario