Informe da viaxe
didáctica a Italia:
O Departamento de
Xeografía e Historia, en colaboración coa biblioteca, organizou unha excursión
a Italia entre os días 8 e 15 de xaneiro de 2020. O alumnado que participou foi
o da materia de Historia da Arte de 2º de bacharelato C, en total once
alumnos/as acompañados polos profesores: Mª Teresa Fidalgo, de dito
Departamento, e José Dopazo de Grego e Latín. Visitamos as seguintes cidades:
Bolonia, Módena, Rávena, Florencia e Pisa.
Os obxectivos
eran:
a.-
Levar
a cabo unha viaxe cultural cuxos destinos e visitas formaran parte da materia
impartida na aula.
b.-
Que o
alumnado de Historia da Arte tomara contacto con diferentes obras de arte in
situ.
c.- Aproximar
ao alumnado a Historia da Arte e os linguaxes artísticos.
d.-Espertar
inquietudes cara a materia e a experiencia estética na realidade. Estimular
no alumnado a capacidade de análise dunha obra de arte.
e.-Aplicar
os coñecementos aprendidos na aula.
f.- Facer
que o alumno/a se desenvolva en lugares e ambientes distintos os habituais para
que madure a súa capacidade de independencia (habilidades comunicativas,
actitudes responsables e de respecto, convivencia adecuada,etc.)
g.-
Estimular
no alumnado a súa capacidade para resolver problemas.
A valoración por
parte do alumnado foi moi positiva, levouse a cabo unha enquisa e os resultados
foron que lles pareceu moi adaptada a materia, dun alto valor didáctico e unha
experiencia positiva Estamos preparando unha exposición sobre a mesma que
inclúe fotografías, vídeos e textos sobre os lugares e obras artísticas
visitadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario