Coincidindo coa crise medioambiental que supón as entrañables e consumistas datas navideñas, á volta de
vacacións, o alumnado de 1º de ESO levou a cabo un proxecto de concienciación sobre o uso dos plásticos e o
impacto ambiental que xeran no noso planeta. Este proxecto permitiulles enfocar o problema a nivel teórico
mediante unha investigación en Internet e, a nivel práctico, ao visibilizar os resultados coa reutilización de residuos
e o compromiso de reciclaxe a través do reto do colector, actividades que foron levadas a cabo con verdadeiro
entusiasmo e responsabilidade.
noso alumnado puido coñecer por si mesmo os
diferentes aspectos relacionados con esta materia
prima clave no mundo actual. Dende a historia do
seu primeiro uso como bolas de billar, ata a posta
en práctica de “curiosos” sistemas de reciclaxe que
se levan a cabo en diferentes lugares do mundo
nos que, por exemplo, as persoas que depositan
envases de plásticos en máquinas específicas para
elo, reciben compensacións en forma de puntos
para entradas de cine, billetes de metro ou horas
de aparcamento gratuíto (como sucede en
Sanxenxo), pasando por aqueles datos que explican
canto tardan en desaparecer moitos dos residuos
que se tiran na natureza. Tamén descubriron feitos
tan preocupantes como o a existencia de illas de plástico nos océanos (algunha incluso do tamaño de países como Francia), ou o problema dos alimentos contaminados de microplásticos que están presentes na nosa dieta e os efectos mortíferos que os plásticos poden ter sobre a fauna. Os resultados destes traballos presentáronse a través dunha aplicación que permite realizar uns murais dixitais moi atractivos, os cales foron impresos e colgados no hall de entrada dos que podedes ver algúns exemplos nos seguintes links:
Como o coñecemento do problema é o que nos aproxima á tomar a
concienciación necesaria, o traballo prestou especial atención ás 3R, amosando
ideas prácticas que nos levan a reducir o consumo que facemos practicando a
reutilización de materiais e, finalmente, cando non quede outra solución, como
reciclar correctamente os envases en relación ás cores dos contedores. Para elo, o
noso alumnado fixo gala do seu espíritu creativo cunha moi interesante exposición
de obxectos feitos a partir da reutilización de residuos plásticos, nos que
puidemos ver servilleteros, petos de aforro, títeres ou mesmo unha lámpara feita
con tapóns; sen esquecer que agora disfrutamos de “aulas silenciosas”, baseadas
Ningún comentario:
Publicar un comentario