O CULTURGAL deste ano deixounos moitas cousas. De entre elas, polo pulo de autoestima que supuxo, destacariamos a campaña desenvolta pola CTNL (COORDINADORA DE TRABALLADORES/AS DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA).
Na que unhas 700 persoas visibilizamos o noso apoio á lingua, sacándonos unha foto para expresármonos sen complexos de ningún tipo: "GÚSTAME O GALEGO", pinchando neste lema podedes atopar todas as fotos da páxina do facebook, que se creou ex profeso. Tal foi o éxito da campaña que están a organizar a súa difusión polas distintas comunidades escolares.
Nestroutra páxina: DISQUECOOL atoparedes outras moitas iniciativas, novidosas e interesantes, do Culturgal deste ano. Ademais dos moitos escritores, músicos, actores e creadores de toda índole que conformaron o fervedoiro de actividades da nosa feira da cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario