Amosando publicacións coa etiqueta CULTURGAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CULTURGAL. Amosar todas as publicacións

Moito Culturgal


O  CULTURGAL deste ano deixounos moitas cousas.  De entre elas, polo pulo de autoestima que supuxo, destacariamos a campaña desenvolta pola   CTNL (COORDINADORA DE TRABALLADORES/AS DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA).
Na que unhas 700 persoas visibilizamos o noso apoio á lingua, sacándonos unha foto para expresármonos sen complexos de ningún tipo: "GÚSTAME O GALEGO", pinchando neste lema podedes atopar todas as fotos da páxina  do facebook, que se creou  ex profeso. Tal foi o éxito da campaña que están a organizar a súa difusión polas distintas comunidades escolares.

Nestroutra páxina: DISQUECOOL atoparedes outras moitas iniciativas, novidosas e  interesantes, do Culturgal deste ano. Ademais dos moitos escritores, músicos, actores e creadores de toda índole que conformaron o fervedoiro de actividades da nosa feira da cultura.

Os nosos escritores en CULTURGAL



Esta fin de semana en Pontevedra desenvolveuse Culturgal. Alí atopamos a moitos dos nosos escritores presentando os seus libros: Manuel Rivas, Manuel Portas e Marcos Calveiro, entre outros.

Manuel Portas e Marcos Calveiro visitarán o instituto durante o segundo trimestre para falarnos das súas obras: Denso recendo a salgado e O pintor do sombreiro de malvas, respectivamente
.