Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NADAL. Amosar todas as publicacións

Recollida de alimentos



 Co lema: "para que non haxa ningún prato baleiro"  ao longo do mes de decembro recollemos alimentos e produtos de primeira necesidade do fogar no IES de Vilalonga. Organizouno o Departamento de Relixión en colaboración con Cáritas de Sanxenxo. A profesora Ana González, xuntos con algúns dos seus alumnos/as,  colocou os carteis e anuncios da campaña. Os obxectivos eran fomentar a solidariedade social do alumnado e facer visibles problemas cotiáns que a miúdo pasan desapercibidos.
  

 


     Bo Nadal!!!!!

FESTIVAL FIN DE TRIMESTRE



O xoves 21 de decembro tivo lugar no Instituto un festival para celebrar a chegada das vacacións de Nadal. Tivemos panxoliñas co profesor de música Xoán Andrés Ventoso e os seu alumnado. Cancións actuais coa Master Discoteca móbil, que animaron o ambiente e bailaron con nós, e por último un campionato de fútbol organizado polo alumnado de automoción. Pasámolo ben, divertímonos xuntos e soltamos o estrés acumulado durante o trimestre. 


BO NADAL A TOD@S


A toda a comunidade educativa do IES de Vilalonga (Sanxenxo) o equipo da Biblioteca desexámosvos un feliz Nadal e un próspero Aninovo 2018.
Bicos e apertas para tod@s.

Felices Festas e Próspero Aninovo

Tantos días e horas pasados xuntos nos deixan un feixe de lembranzas que seguramente nos producirán nostalxia en moitas ocasións e, noutras, un desexo enorme de esquecer. O pasado forma parte das nosas vidas pero temos por diante tantas cousas que nos agardan! Por iso queremos dexesarvos a todos e a todas unhas felices festas e, sobre todo, un moi feliz ano 2016.


personnages noel021                  


FELICES E VENTUROSAS FESTAS

 Canción de nadal africana:  "Hurray Hurray"

Un ano máis, con esta árbore musical feita coa colaboración dos departamentos de administrativo, matemáticas, alumnado de plástica de 3º de ESO, alumnado de francés de 1º de ESO, alumnado de galego de 2º de ESO e Club de lectura e coa achega que nos brindou a escolma poética do IES San Paio, que nos facilitou o traballo para unhas tarxetas poéticas "moi matemáticas", desexámosvos unhas 

FELICES E PRÓSPERAS FESTASSAÚDE E PAN!

GUÍAS DE CINE E LECTURA

Un Nadal máis, presentámosvos aquí un feixe de suxestións para pasar unhas vacacións ben acompañados dun libro, dunha película ou dun cómic... Dende a Biblioteca desexamos que as vacacións veñan acompañadas de saúde, paz, harmonía e pan para todos. 
 VÉMONOS NO 2015

FELICITACIÓN DE NADAL



Con esta árbore realizada coa colaboración de investigadores, poetas, escritores... -as súas ramas son libros-, profesorado e alumnado queremos felicitarvos estas festas entrañables e desexarvos saúde, paz, amor.... e  libros.

Sobre todo, queremos agradecervos os agasallos que nos trouxestedes en forma de poema e que locen tan bonitos ó pé da árbore.


Boas Festas!!!

Bo Nadal!


Un ano máis a comunidade escolar do IES de Vilalonga, e en especial a Biblioteca e o EDLG, felicitan as festas a todos os que visitan a nosa bitácora. Damos as grazas  ó noso compañeiro, profesor e pintor, Eduardo Baamonde, que nos cede, ano tras ano, o seu traballo para este fin.

Este ano coa crise vemos que o noso Apalpador particular ten algúns problemas co seu traxe,  no canto de perder quilos anda a perder os agasallos, e por riba parece que algúns tamén llos rouban. De todos xeitos esperamos que moitos deles vos cheguen e consigan colmar os vosos desexos.