Co lema: "para que non haxa ningún prato baleiro"
ao longo do mes de decembro recollemos alimentos e produtos de primeira
necesidade do fogar no IES de Vilalonga. Organizouno o Departamento de Relixión
en colaboración con Cáritas de Sanxenxo. A profesora Ana González, xuntos con
algúns dos seus alumnos/as, colocou os carteis e anuncios da campaña. Os
obxectivos eran fomentar a solidariedade social do alumnado e facer visibles
problemas cotiáns que a miúdo pasan desapercibidos.
Bo Nadal!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario