Amosando publicacións coa etiqueta FP Básica automoción. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FP Básica automoción. Amosar todas as publicacións

ADRIÁN CASTRO E CRISTIAN TRONCOSO PREMIADOS NO FPBASICASKILLS GALICIA 2022





Esta mañá tivo lugar no CIFP Politécnico de Santiago a entrega de premios do 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos, que ten como obxectivo darlle unha maior proxección e difusión aos ciclos de formación profesional básica e programas formativos que se imparten en Galicia e que é unha iniciativa única a nivel nacional.

Nesta primeira edición resultaron premiados, cun segundo posto e cunha puntuación moi axustada respecto do primeiro, dous alumnos dos IES de Vilalonga, Adrián Castro e Cristian Troncoso, alumnado referente do que debe ser a FP Básica, que amosaron coas súas destrezas e bo facer un grande nivel de implicación no traballo que desenvolveron.






Parabéns para Adrián e Cristian, para o seu titor Fernando Prado e para o compañeiros e profesorado implicado en sacar adiante unha formación pública e de calidade!

Exposición dos traballos do CONCURSO DE ADHESIVOS 2017




Durante este trimestre contamos coa exposición dos traballos que participaron no CONCURSO DE ADHESIVOS 2017 organizado polo EDLG.


Este ano foron os seres míticos galegos os protagonistas das ilustracións e lemas que parciparon no concurso: trasnos, sereas, urcos, meigas, nubeiros, unicornios, homes do saco, lobishomes, Santa Compaña e demais fauna máxica galega decoraron os nosos corredores.

Con lemas tales como: "Soña en galego", "Penso, logo falo", "Por unha Galiza de lenda", "Nas nubes sempre está, máis o galego nunca esquecerá" "Mergúllate no galego", "Terra de meigas", "Animais fantásticos e onde atopalos en Galicia", "Exercita o galego", "Embrúxate co galego".



Obradoiro de modos de autoprotección para o alumnado de Automoción




O IES de Vilalonga organizou un obradoiro impartido no centro polos Servicios de Emerxencia do Concello de Sanxenxo destinado ao alumnado da FP Básica e do Ciclo Medio de Automoción para formarse nos distintos métodos de autoprotección nos talleres como o uso de mangueiras, de extintores...






Tras unha charla teórica o alumnado tivo a oportunidade de poñer en práctica o aprendido.




Esta formación é importante xa que nos talleres hai líquidos inflamables e saber como proceder rápidamente ante un incendio pode evitar grandes daños persoais e materiais.