A Praia Dos Afogados - TRAILER galego from Tornasol Films on Vimeo.
Estamos de noraboa no cine en galego, posto que estes días estréase "A praia dos afogados", película baseada na novela homónima de Domingo Villar. Esta novela negra publicouse en 2009 continuando o éxito acadado pola súa primeira obra: "Ollos de auga", onde o escritor nos familiarizou cos personaxes do investigador, Leo Caldas, e do seu estreito colaborador, Rafael Estévez.
Xa está tamén para saír publicada a seguinte entrega do que vai camiño de converterse nunha saga, con moi fieis seguidores, que levará por título: "Cruces de pedra".
A película está dirixida por Gerardo Herrero e no guión colaborou Domingo Villar xunto con Felipe Vega. Rodouse en Vigo, onde se desenvolve a acción e está protagonizada por Camelo Gómez. Nela tamén interveñen actores galegos, como Luis Zahera e Celso Bugallo.
Agora haberá que esperar, coma sempre, que a deusa fortuna nos acompañe para poder gozar cunha desas proxeccións na nosa lingua.
Agora haberá que esperar, coma sempre, que a deusa fortuna nos acompañe para poder gozar cunha desas proxeccións na nosa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario