Amosando publicacións coa etiqueta departamento de música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta departamento de música. Amosar todas as publicacións

CONCERTO DIDÁCTICO DOS TERRIBLES DE DONAS

 

O pasado 16 de maio, o día anterior ó Día das Letras galegas, tivo lugar no noso Centro, con motivo da celebración do mesmo, un concerto didáctico a cargo do grupo de música folclórica galega “Os terribles de Donas”. En dito concerto se presentaron algúns instrumentos populares galegos e se interpretaron diversas pezas do noso folclore (muiñeiras, pasodobres, foliadas, etc). Nalgunhas delas, os alumnos dos catro cursos da ESO tiveron un papel activo cantando e tocando as cunchas cos catro membros da formación.

“Os Terribles de Donas” ten a súa base na localidade pontevedresa de Baiona, foi fundado en 1939 e ten tres discos editados.

Visita a Celanova


 Nesta visita os alumnos de 2º de bacharelato da materia de Historia da Música e da Danza visitaron o mosteiro de Celanova onde puideron ver a igrexa, o propio mosteiro (nel os alumnos leron poemas de Celso Emilio Ferreiro), o instituto da localidade (situado no mosteiro) e a súa biblioteca do século XVIII, a Casa dos Poetas (onde os alumnos fixeron lecturas de poemas de Curros Enríquez), a vila medieval de Vilanova dos Infantes e o castro de Castromao. Ademais disto, os alumnos asistiron a un concerto didáctico de órgano na igrexa do mosteiro de Celanova e tocaron dúas pezas cos instrumentos escolares.

Música en directo


O 15 de febreiro o grupo de música tradicional "Os terribles de Donas" dou un concerto didáctico no IES de Vilalonga. Participou o alumnado de música de 4º da ESO  e primeiro e segundo de bacharelato. Puideron coñecer máis de cerca algúns dos instrumentos da música tradicional galega como a gaita, o tamboril, o bombo, a zanfona, a ocarina.... Así como un variado repertorio de diferentes formas musicais tradicionais. O alumnado, así mesmo, tivo ocasión de participar cantando e acompañando con cunchas algúns dos temas interpretados.

Charla de Rafael Rodríguez sobre os restos arqueolóxicos da Lanzada

 
O xoves día 2 de febreiro o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Rodríguez deu unha conferencia no IES Vilalonga sobre as escavacións que se levaron a cabo na Lanzada dende o 31 de xullo de 2016 ata o 4 de febreiro de 2017 dirixida ao alumnado de Bacharelato.



A súa exposición dividiuse en tres partes, a primeira consistiu na proxección dun documental sobre ditas escavacións, na segunda expúxonos os traballos levados a cabo e as posibles explicacións ás que chegaron, pois aínda non ten todos os resultados das análises e achados realizados. Por último, abriu unha quenda de preguntas na que o alumnado puido aclarar algunhas cuestións que lles interesaron especialmente.


Deixámosvos aquí parte do artigo publicado en pontevedraviva.com

“Un equipo formado por máis de 20 especialistas en arqueoloxía traballan no xacemento da praia da Lanzada.
O obxectivo desta actuación, que forma parte dun protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos na provincia, é a recuperación patrimonial de todo este ámbito, no que se deixou de traballar hai anos, ampliar a zona de visitas e escavar a área romana para aclarar as cronoloxías.
O arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, destacou a relevancia do xacemento da Lanzada, "ocupado desde o século VIII a.C. ata o século X d.C. e no que se sitúa a primeira factoría de salgados do noroeste".
A Lanzada, segundo os técnicos, é un xacemento moi interesante para coñecer o mundo da Idade de Ferro no noroeste peninsular e a importancia das relacións comerciais que desde alí se establecían, que situaban ao asentamento nos circuítos comerciais daquel momento.”


Artigo redactado por Teresa Fidalgo

Actuacións de despedida do primeiro trimestre






O derradeiro día de clase antes das vacacións do Nadal xa comezamos a relaxarnos e desfrutar cos concertos que o profesor de música Juan Ventoso estivo a preparar co seu alumnado dos distintos niveis.





















O espectáculo de maxia non só nos sorprendeu senón que tamén nos fixo rir.














Tamén se lle fixo entrega dun agasallo ao alumno de 2º curso de electromecánica de vehículos Martín García García quen acadou a medalla de prata na especialidade de Tecnoloxía do automóbil no 4º campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills que tivo lugar a principios do pasado mes de novembro.