Xaneiro: mes de Castelao


I CONCURSO DE CREACIÓN ARTÍSTICA “CASTELAO NO SÉCULO XXI”

Castealo no século XXI é un proxecto dirixido ao alumnado co obxcetivo de incentivar e normalizar o uso da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación
de historias, de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. E sobre todo, asegurar a competencia na fala entre o noso alumnado. 
Ademais recuperamos e homenaxeamos a unha das figuras máis importantes da nosa cultura.


BASES DO CONCURSO
1ª. As Cousas poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia, pero sempre deberán ter o carácter de denuncia dos males do tempo que nos toca vivir ao igual que as obras orixinais de Castelao.

2ª. O texto que acompañe as ilustracións estará escrito en galego.

3ª. Nas obras presentadas valorarase a calidade do debuxo e a súa orixinalidade, así como a corrección lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...).

4ª. Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo. Poderán participar cun máximo de dúas obras.

5ª. O concurso vai destinado a todo o alumnado do centro en tres categorías:
- 1º e 2º da ESO.
- 3º e 4º da ESO e FPB.
- 1º e 2º de bacharelato e ciclos formativos.

6ª. A data final de entrega das obras será o 4 de febreiro de 2021. Mandaranse as obras escaneadas ao correo edlgbib.iesvilalonga@gmail.com ou os orixinais depositados na biblioteca nunha caixa designada para o concurso. Nun documento á parte (se se entrega por correo) ou nun sobre pechado co título da obra escrito por fóra as/os autoras/es indicarán o seu nome e curso.
IMPORTANTE: as Cousas teñen que ser anónimas, se as obras traen escrito o nome na folla serán eliminadas do concurso.

7ª. A cada obra gañadora dentro da súa categoría entregaráselle un lote de libros e de material de debuxo. Ademais publicaranse no blog e no Facebook do centro.

8ª. O xurado estará composto por tres persoas do centro, actuando de secretario/a a responsable do EDLG.

9ª. O xurado emitirá o ditame na semana seguinte ao remate do concurso.

10ª. A participación no concurso supón a aceptación íntegra das presentes bases.

Ningún comentario:

Publicar un comentario