O día 26 de maio os alumnos de 4º da ESO acompañados polos profesores Eduardo Pérez Baamonde e Iago Trillo Garea, foron a praia da Lanzada a facer escultura na area.
Trátase dun encontro intercentros organizado polo Instituto Monte da Vila do Grove, no que participaron numerosos IES de: Vigo, Cangas, A Estrada, Pontevedra, Moaña, etc. En total eran máis de 800 alumnos/as.
O obxectivo era pasar un bo día todos xuntos, que o alumnado se coñeza e se relacione e de paso traballar cun material moldeable e efímero no que estudar o volume.
Este ano o tema era: PARQUE XURÁSICO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario