Trala valoración das candidaturas presentadas para o SELO "BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA" deste ano 2016, na reunión da comisión de valoración de candidaturas, do pasado 13 de xuño, acordouse a concesión do selo aos seis centros que se relacionan:
Centro
|
Concello
|
Provincia
|
CPI P. Virxe da Cela
|
Monfero
|
A Coruña
|
CEIP P. A Pedra
|
Bueu
|
Pontevedra
|
CEIP Espedregada
|
Poio
|
Pontevedra
|
IES de Poio
|
Poio
|
Pontevedra
|
CEIP de Parada-Campañó
|
Pontevedra
|
Pontevedra
|
IES de Vilalonga
|
Sanxenxo
|
Pontevedra
|
A resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos coa concesión do selo, foi publicada no Portal Educativo, e pode verse neste enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19260
Tamén está publicada na páxina de Bibliotecas Escolares: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/880
Como se di na propia resolución, este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar, e isto sempre no contexto das funcións da biblioteca como biblioteca inclusiva a favor da igualdade de oportunidades.
Parabéns a toda a comunidade escolar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario