Lecturas para todos/as.
O Proxecto Meiga da Consellería de Educación, universidade e formación profesional da Xunta de Galicia puxo en marcha o Programa piloto E-LBE.2 que forma parte do Plan LIA . Busca
que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital e dean
conta das posibilidades que ofrece para a mellora da competencia e dos hábitos
de lectura entre os máis novos.
Dadas as circunstancias espaciais que estamos a vivir e co ánimo de acercar a lectura dixital a todos/as mándanos trece imaxes que fan referencia a cada un dos carruseis da propia plataforma. Cada unha das imaxes ten un código QR que vos dirixe á web.
Club de lectura de 1º de bacharelato.
Outro curso máis que vai chegando
ao seu fin e toca facer reconto das actividades que se propuxeron dende a
Biblioteca, como os clubs de lectura. No caso de 1º de Bacharelato hai moi bos
momentos compartidos nesas sesións de mediodía, sempre aderezadas cun biscoito
de sobremesa, acompañado de boa conversa e risas. Hoxe toca recordar as
actividades que realizou o alumnado en torno aos libros que se compartiron,
actividades nas que despregaron o seu talento (algunha ten madeira de artista)
e que demostraron que un libro sempre promove creacións marabillosas. Aquí
están algunhas mostras do bo saber destes rapaces e rapazas.
A primeira lectura foi o cómic Blacksad,
de Juan Díaz Canales e Juanjo Guarnido,
e moitos dos rapaces e rapazas se decantaron por facer un “booktrailer”.
Na
segunda lectura, as actividades foron máis variadas. Neste caso a obra foi a
novela Alterworld
de Antonio Huertas, que nos permitiu coñecer, dun xeito moi ameno, algo máis
sobre a ciberdelincuencia. Os rapaces e rapazas fixeron unha recomendación en
vídeo, un booktrailer e unha recopilación dixital dos lugares onde se
deselvolve a historia: https://prezi.com/view/CK0j0tq3u6qv3qdKf0g3/
E, xa sabedes, o ano que ven vós
podedes desfrutar destas lecturas, só tedes que pedilas na Biblioteca.
CLUB DE LECTURA 2º BAC: A CRUELDADE DE ABRIL
Pequenos agasallos foron acompañando as xuntanzas nestes dous anos de club de lectura co alumnado de Bacharelato. As lecturas, as palabras e mesmo os silencios alimentaron un interese que medraba na compaña dos textos e no contacto con algúns dos nosos autores e autoras, pero sobre todo, nutríase dese seguir estando xunt@s.
Estes son algúns dos traballos nos que Uxía, Ángela e Ainhoa reflectiron coa pintura
algunhas pasaxes do libro A crueldade de abril de Diego Ameixeiras. Tamén Antía e Elena nos deixaron un curioso e detallado escenario do crime, e outras compañeiras e compañeiros fixeron escenarios, déronlle unha vida propia co relato a algúns dos personaxes, e mesmo gravaron pasaxes ou documentaron na prensa escrita e audiovisual o crime do casino.
Canto talento e corazón se espalla neste xuño cara a novos camiños e canto deixaron no seu paso polo noso club de lectura e o IES de Vilalonga.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)