CELEBRANDO O 24 DE OUTUBRO,
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado 24 de outubro, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, o alumnado de 1º ESO participou nunha actividade que buscaba que coñeceran mellor os fondos da biblioteca e a súa organización.
Tras unha pequena introducción teórica sobre a distribución dos fondos na biblioteca, establecéronse grupos de traballo que, en primeiro lugar, tiveron que identificar autor e título dos libros dos que se lles daba a etiqueta e, en segundo lugar, dábaselles un título e autor e tiñan que localizar o libro nos andeis a través da identificación da etiqueta. O alumnado de cada grupo tiña que colaborar para lograr ser os primeiros en identificar todas as obras, co que a hora pasoulles voando.
Esta actividade tivo tal aceptación que o profesorado acompañante xa pensa en extendela a outros niveis da ESO.
![]() |
| Aquí os grupos en fases diferentes da actividade |
Textos dramatizados
"O alumnado de 1º ESO, coa colaboración da Biblioteca e enmarcado no programa Radio na Biblio, coordinados pola profesora Fátima Barreiro, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, preparou unha lectura dramatizada de fragmentos de "El Principito" de Saint-Exupéry. Prepararon o fragmento antes de subir a gravar e o propio alumnado controlou a mesa de misturas. Podedes escoitar aquí un dos capítulos gravados despois de ser editado. Esperemos que sexa un punto de inicio que se consolide o curso que vén."
17 de abril 2025
No Día do libro a
comunidade
educativa
do IES de Vilalonga quixo
demostrar
que un libro ten 1000
vidas, atopando
mensaxes nas páxinas
desbotadas de
libros que xa esgotaran a
súa vida.
Unha iniciativa moi
creativa na que
colaboraron
Departamento de Lingua
Castelá e o de Inglés coa
Biblioteca.
Día do Libro 2025
Co gallo da celebración do Día do Libro o Departamento de Castelá en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Inglés, organizaron unhas recomendacións literarias nas que participou o alumnado e o profesorado do centro. O alumnado fixo as súas recomendacións a través das Piruletas literarias, que suman a creatividade ao pracer de ler, estiveron expostas na Biblioteca, acompañadas dun libro xigante que nos recordou o parcer de ler en todas as linguas que se poden empregar no instituto. O profesorado colgou as súas recomendacións no corredor do edificio 1, para que fora visible para toda a comunidade escolar.
Visita a Cadena SER
O día 22 de xaneiro de 2025 os alumnos voluntarios de Radio, en Radio na Biblio, participaron nunha saída para visitar Radio Arosa Cadena SER.
Nesta visita estiveron recibindo unha formación por parte dos traballadores de Radio Arosa, e participaron nun programa de radio. Hoy por Hoy da Cadena SER. Radio Arosa.
A idea é que o alumnado, con estes coñcecementos previos, poida avanzar na formación dos seu propio programa de radio, en formato podcast no centro, e participar en Concursos como os Premios José Hermida de Radio Escolar y Podcast.
Programa de Radio Arosa, Cadena SER.
Damos as grazas a todo o equipo da Cadena SER. Radio Arosa polo seu trato, e o atentos que foron en todo momento.





.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpg)
.jpg)



.jpg)










