CELEBRANDO O 24 DE OUTUBRO,
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado 24 de outubro, co gallo da celebración do Día das Bibliotecas, o alumnado de 1º ESO participou nunha actividade que buscaba que coñeceran mellor os fondos da biblioteca e a súa organización.
Tras unha pequena introducción teórica sobre a distribución dos fondos na biblioteca, establecéronse grupos de traballo que, en primeiro lugar, tiveron que identificar autor e título dos libros dos que se lles daba a etiqueta e, en segundo lugar, dábaselles un título e autor e tiñan que localizar o libro nos andeis a través da identificación da etiqueta. O alumnado de cada grupo tiña que colaborar para lograr ser os primeiros en identificar todas as obras, co que a hora pasoulles voando.
Esta actividade tivo tal aceptación que o profesorado acompañante xa pensa en extendela a outros niveis da ESO.
![]() |
| Aquí os grupos en fases diferentes da actividade |
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario