Como xa vén sendo tradición na nosa biblioteca,
este 23 de abril celebramos un ano máis o día do libro agasallando unha flor ao alumnado e ao profesorado que pasou recoller o seu .
Desta volta, as flores vestíronse de amarelo porque quixemos sumarnos con este xesto simbólico aos milleiros de homenaxes que istos días, por todas as partes do mundo, se realizan na honra de Gabriel García Márquez.
Onte, pola mañá, un compañeiro dicíame, mentres collía un libro do mestre, que sentía que se lle fora un colega, tantos momentos de bo pracer lle procurara... e por iso mesmo lle apetecía relelo.
Estamos seguras que Gabo estará sorrindo alá onde queira que estea... ¡non hai mellor forma de recordalo!
Vaia pois esta modesta e sentida homenaxe dende este recuncho da terra que algo alberga das túas raíces.
En espera dunha lembranza máis profunda,
para sempre...IN MEMORIAN, Gabo !