O venres 21 de novembro estréase a versión cinematográfica d'A esmorga. É a primeira vez que se roda en lingua galega por un director de cine galego.
A borracheira máis famosa de Galicia, a festa de 24 horas de Cibrán, Milhomes e Bocas, polas rúas de Auria (Ourense), da novela de Eduardo Blanco Amor foi levada ao cine polo director Ignacio Vilar. É a segunda adaptación cinematográfica desta obra, a primeira foi realizada por Gonzalo Suárez. Quédavos aquí o enlace para poder desfrutar dela.
PODE ESTAR BEN!
XA NOS CONTAREDES!
Ningún comentario:
Publicar un comentario