30 DE XANEIRO DÍA MUNDIAL DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ
As Nacións Unidas elixiron o 30 de xaneiro porque nesta data conmemórase a morte de Mahatma (alma grande) Gandhi, líder do Movemento Nacionalista indio, cuxo obxectivo era acadar a independencia da India de Gran Bretaña. Gandhi instaurou novos métodos de loita social baseados na non-violencia. Converteuse nun heroe nacional e pronto a súa influencia moral se estendeu por todo o mundo.
Aquí vos deixo algunhas das súas frase célebres:
- Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego.
- A violencia é o medo aos ideais dos demais.
- Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.
- Gañamos xustiza máis rapidamente se facemos xustiza á parte contraria.
- Opóñome á violencia porque cando parece causar o ben este só é temporal, o mal que causa é permanente.
- O que se obtén con violencia, soamente se pode manter con violencia.
M. Gandhi.
Ningún comentario:
Publicar un comentario