O equipo da biblioteca desexa a toda a comunidade escolar un Bo Nadal e un Próspero ano novo 2020.
XORNADA DE TEI NO IES DE VILALONGA.
O mércores día 19 de decembro de 2019 tivo lugar no instituto un xornada de Titorización Entre Iguais. O alumnado de 3º da ESO xogou, bailou e divertiuse. O obxectivo é que os alumnos/as socialicen, se fagan novas amizades, interactúen, etc. Como mostra as seguintes fotos:
100 anos da revista Nós
«Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai oxe Nós. É a ansia qu’oxe sinte Galizia de vivir de novo, de voltar ó seu verdadeiro e inmorrente, a evidencia luminosa do mañán, o que nos fai saír. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantable na vitalidade e no xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó acomprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra, unha xeración que se deprocatou do seu impeiroso deber social de crearen pra sempre a cultura galega..». O 30 de outubro de 1920 saía do prelo en Ourense o primeiro número da revista Nós con este editorial escrito por Vicente Risco. Agora, para conmemorar o seu centenario e destacar o seu legado en canto que colocou «a lingua, as artes e a ciencia galega nun nivel privilexiado de calidade», a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura impulsou a mostra «Nós» de onte a hoxe: 100 anos de historia, que ata o 25 de xaneiro se poderá ver no Museo do Pobo en Santiago e, posteriormente, visitará outras cidades e localidades galegas.
La Voz de Galicia 12/12/2019
O Planetario no IES de Vilalonga
“IMPRESIÓNS DO PLANETARIO”
O
día 7 de novembro no pavillón do instituto houbo una pequena actividade.
Participou
todo o alumnado de 1º ESO, e o que se mostrou foi o espazo.
Toda
a actividade transcorre ao longo da mañá; íamos en diferentes grupos de 18
persoas, máis ou menos. Eu fun despois do segundo recreo coa meirande parte dos
meus compañeiros de clase; chegamos ao pavillón mollados polo día de chuvia que
facía. Ao chegar atoparámonos co planetario, inchable e o chico do planetario
estivo explicándonos unhas normas básicas para estar no planetario.
Entramos
e sentámonos; eu senteime ao carón de Nuria e de Naiara: estivemos ollando a
nosa galaxia, a lúa, os planetas...
A
min pareceume moi entretida a actividade porque aprendín cousas da miña galaxia
que non sabía.
Ainhoa, 1º ESO B
“IMPRESIÓNS DO PLANETARIO”
O planetario foi o xoves 7
de novembro. Os nenos e nenas de 1º ESO B, ao chegar ao pavillón, recibiunos un
home que nos deu a introdución do que íamos ver dentro do planetario.
O planetario era unha
especie de cúpula feita cun plástico que se rompía facilmente. Dentro había un
proxector cunha lente de forma circular que representaba en 360 graos; para
mover a imaxe precisábase dun mando que case todos recoñecemos ao instante: era
o mando da XBOX, ou polo menos parecíase a el.
As imaxes víanse grazas a
unha aplicación moi parecida a Google Earth, pero que non so se vía a Terra
senón outros planetas tamén.
O home deunos moitísima
información sobre o Universo, os movementos da Terra e canto tardan en cada un
deles; os movementos da Lúa e canto tardan eses movementos e as distancias no
Universo, entre outras cousas.
A min pareceume divertido,
gracias ao movemento en 360º. Ademais o home, mentres explicaba, facíanos
preguntas para que entendéramos mellor.
Foi unha moi boa
experiencia!!
Rodrigo, 1º ESO B
“IMPRESIÓNS DO PLANETARIO”
Os alumnos de 1º ESO
visitamos o planetario que estivo situado no pavillón ás primeiras horas do día
7 de novembro. Todos os alumnos asistimos a súa visita en diferentes grupos. A
miña clase foi acompañada polos mestres Marcos e Patri, que son encargados de
ensinarnos Xeografía e Historia. Na actividade, explicáronnos perfectamente o sistema
solar.
Chegamos ao pavillón e alí
un home ensinounos algunhas normas a cumprir: penso que foi moi exixente. Alí
viaxamos dende unha praia ata o Universo, no que vimos estrelas, planetas,
órbitas...
En xeral, non me gustou
moito, xa que non podías realizar preguntas, tiñas que sentarte dunha determinada
maneira e mareaba moito, por iso durante un rato non mirei as imaxes e pechei os ollos.
Iria, 1º ESO B
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
O luns 25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero quixemos deixar constancia do noso rexeitamento contra a mesma. A comunidade educativa fixo distintas actividades:
Co gallo da celebración do Día contra a Violencia de Xénero, parte do alumnado de 3º da ESO e de 1º
de Bacharelato realizou unha selección entre as
informacións ofrecidas sobre o
tema en distintos medios de comunicación.
A actividade tiña como obxectivo a reflexión dos nosos alumnos e das nosas alumnas sobre a desigualdade e outras formas de violencia, máis ou menos visibles, que sofren as mulleres a vida cotiá e que se desen conta de que “non só doen os golpes” ou de que “o control tamén é violencia”. Por iso, as cartolinas empregadas como soporte mostran ademais comentarios suscitados entre a nosa mocidade a raíz dos achados.
Achados que resultan moi variados: estatísticas, entrevistas, noticias,
campañas de concienciación.... Chama a
atención, por exemplo, unha iniciativa
que aparece en El País e que é
recollida nun dos traballos: un cartel
de Amnistía Internacional colocado nunha marquesiña de Hamburgo que, grazas a
unha cámara que capta a dirección das olladas, ofrece unha imaxe amable dunha
parella se hai alguén ollando cara a eles e, pola contra, unha situación de
violencia de xénero cando ninguén os está a mirar. No mesmo traballo aparecen dúas
fotografías duns noivos o día da súa voda. A primeira non nos di nada, pero na
segunda vemos como o noivo lle retorce á noiva un brazo, un brazo con negróns que denotan que el é un
maltratador e que non é a primeira vez que ela é a súa vítima.
Os traballos pódense ver no cubo que a Biblioteca ten na entrada do IES
e no taboleiro do EDLG.
O alumnado da materia de Igualdade de 2º da ESO, xunto a súa profesora Patricia Díaz González de Xeografía e Historia, fixeron distintas actividades. Colocaron nos chanzos das escaleiras do Edificio 1 frases con mensaxes de igualdade:
e fixeron un vídeo que enviaron ao concurso imaxes gráficas e pezas audiovisuais con motivo do 25 de decembro de 2019, convocado pola Xunta de Galicia. Aquí vos deixamos o vídeo gañador e alguhas fotos da entrega de premios en Santiago.
O día 25 lemos un Manifesto contra a violencia de xénero as 10h co alumnado da ESO no edificio 1 e as 12h no edificio 2 co alumnado de bacharelato e os ciclos.
O noso alumnado participou no concurso de vídeos contra a violencia de xénero, convocado polo CIM do concello de Sanxenxo. Resultaron finalistas: Andrea Dovalo e Candela Torres de 2º ESO C e Claudia Pérez e Mateo Rozas de 3º ESO B.
Parabéns a eles/elas e as súas profesoras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)