ONDE HAI ALUMNADO, HAI POESÍA!
21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA
.jpeg)
Incluso en búlgaro
E así quedou o noso poema de centro.
.jpeg)
8M E SEMANA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
Esta semana celebramos por todo o alto ser muller.
O paso seguinte consistía en resolver diferentes preguntas sobre estas mulleres, a través da información obtida dos podcast, para o que traballaron en grupos.
A Biblioteca quixo sumarse tamén a esta homenaxe tan merecida, non só a través da selección de obras que xa subimos hai uns días e que tivemos exposta,
senón tamén coa propia porta, decorada para a ocasión (fíxadevos no detalle do ollo)
Esperamos que vos gustara e que sigan a levarse a cabo iniciativas coma esta nas que o alumnado aprende e se pon en valor a valiosa aportación á sociedade de tantas mulleres.
ENTREGA DE PREMIOS CARTAS DE AMOR E AMIZADE
Esta semana pasada fíxose entrega dos premios do "Concurso de cartas de amor e amizade", organizado polo equipo de Dinamización e coa colaboración da Biblioteca.
Debido á baixa calidade dos traballos, tan só puidemos entregar un premio na modalidade de carta seria, que levou María Estévez, de 2º ESO, cunha carta moi emotiva adicada ao seu avó, e outro de carta paródica, na que gañou Clara Sanmartín Gómez, de 1º ESO, cunha carta adicada a algo moi querido por todo o noso alumnado, o Chat GPT
Aquí podemos ver a entrega de premios e as cartas gañadoras, que están expostas no corredor inferior do Edificio I do IES.
Noraboa ás gañadoras e esperamos que desfrutedes do premio!
8M: ler para non esquecer :)
8M: ler para transformar
Cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, unha data para recoñecer as loitas, os logros e as achegas das mulleres ao longo da historia, pero tamén para reflexionar sobre os retos que aínda temos por diante. O 8M non é só unha conmemoración: é unha invitación a mirar o mundo con ollos críticos e a construír unha sociedade máis xusta.
Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta xornada reivindicativa a través do que mellor sabemos facer: recomendar lecturas que inspiran, cuestionan e transforman. Os libros teñen o poder de abrir camiños, de dar voz a quen foi silenciada e de ofrecer referentes que nos axudan a entender o pasado e a imaxinar un futuro diferente.
Ofrecemos aquí lecturas para as máis novas (como Pippi), para as que queren aprender (como os libros de Chimamanda) e tamén para aquelas ás que lles gustan os cómics (Sufragistas, Estamos todas bien, Ama...) Son perspectivas diversas, comprometidas e necesarias.
Convidámosvos a achegarvos á nosa selección especial polo 8M: historias de loita e resistencia, ensaios que nos fan pensar, biografías inspiradoras e ficcións que colocan as mulleres no centro do relato.
Porque ler tamén é un acto de compromiso.
Porque cada páxina pode ser un paso máis cara á igualdade.

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


