21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA


 

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía e os Departamentos de Linguas do centro, coa colaboración da Biblioteca, prepararon unhas actividades moi xeitosas.
 
En primeiro lugar, tras ler varios poemas nas clases de lingua, o profesorado deixou que o alumnado se achegase á poesía a través do manexo de diversos poemarios de autores e autoras moi diferentes. E de entre todos eses versos que leron, tiñan que escoller un que lles resultase máis atractivo, escribilo e decoralo para encher os corredores de versos que, aínda que únicos, se agruparon baixo o lema: "NON SON UN VERSO SOLTO".



 E así podemos ler versos en varios idiomas

 

 

Incluso en búlgaro



Para as xornadas de titoría, proporcionouse un taller coa técnica do "cadáver exquisito", para compor un poema surrealista de centro.
 
De entre todos os versos que saíran na aula, o alumnado tiña que escoller 4 ou 5 e baixar á Biblioteca onde os esperaba un lenzo de 5 metros para compor ese poema entre todos e todas, porque "Sumando versos, creamos maxia"
 

Pouco a pouco o panel foise enchendo
 
 
Ata cubrir o papel completamente
 
 

E así quedou o noso poema de centro.

 

Por último, a Biblioteca elaborou tamén para esta data unha selección de poemarios moi diferentes que expuxo na entrada.
 

 
 
Agardamos que o alumnado aproveitara as actividades e a partir de agora se acheguen máis asiduamente á poesía!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario