Amosando publicacións coa etiqueta día internacional do teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día internacional do teatro. Amosar todas as publicacións


DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO 



Hoxe, 27 de marzo, é o Día Internacional do Teatro. 
Que de cousas se celebran en marzo, verdade? 
O teatro é un espectáculo que leva connosco moitísimos anos e que sempre está cambiando, actualizándose. Nel se representa a vida, ás veces tan só para reflectir o común do ser humano e entreter e outras para que o espectador tome conciencia da sociedade na que vive e reflexione. 



Hoxe os teatros están pechados mais non por iso se perde a esencia do que é. Quédanos pensar que, como no seu día Shakespeare escribira Macbeth nunha cuarentena pola peste, tamén agora se estarán escribindo obras que pasarán á historia desta arte.