Amosando publicacións coa etiqueta dia da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia da muller. Amosar todas as publicacións

DÁNDOLLE AO MAXÍN, EN FEMININO















Este martes 10 de marzo visitou a biblioteca o curso de 3º da ESO A e outros de 2º da ESO para poñer a proba os seus coñecementos sobre a importancia da figura feminina na Historia. Dende a Biblioteca, e co gallo da celebración do 8M, preparamos un concurso aberto a todo o alumnado do centro, que consiste en relacionar 17 mulleres importantes en diferentes eidos coas súas achegas á Historia. Para adiviñar botaron man dos seus coñecementos e dos libros que enchen os andeis da sección de Feminismo e Igualdade da Biblioteca, inaugurada este curso.











Recordade que é un concurso aberto a todo o alumnado e que, entre todos os acertantes, haberá sorteos sorpresa. 
Aínda estades a tempo! Pasádevos pola Biblioteca.

Celebración do Día da Muller no IES de Vilalonga

O 8 de marzo, ás 12h, fíxose unha concentración á entrada do centro na que participaron alumnado e profesorado e durante a cal se leron versos adicados ás mulleres.

















Durante os dous recreos e no hall do centro proxectouse ademais o video realizado polo alumnado do IES Politécnico de Vigo que podedes ver máis abaixo.



No edificio principal pódese ver unha exposición de textos sacados do libro de Galeano Mulleres.



CINE POLOS DEREITOS HUMANOS




O martes 16 de decembro e o mércores 18, organizado pola Biblioteca en colaboración co departamento de Filosofía, organizamos tres megasesións cinematográficas: "Quero ser como Beckham" para 1º e 2º de ESO, "A bicicleta verde" para 3º e 4º de ESO, "A verdade oculta" para 1º e 2º de BACHARELATO. O obxectivo, a parte de disfrutar de cine de calidade, foi reivindicar os dereitos humanos, especialmente os da muller, deste xeito rendemos a nosa homenaxe ós Dereitos humanos e en particular, ós das mulleres. As sesións foron un éxito.


A BIBLIOTECA DO IES DE VILALONGA HOMENAXEA AS MULLERES

En homenaxe a todas as mulleres, na Biblioteca do IES de Vilalonga fixemos unha exposición cunha selección de libros e películas nas que as mulleres son autoras e/ou protagonistas. Aquí vos deixamos un pequeno video coa música de fondo de Ricardo Arjona e o seu tema Mujeres.