O 17 Festival de Cine de Ourense outorgou, no IV Certame OUFF Escola, o seu primeiro premio ó LIPDUB: "EU FALAREI" da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela). Coa música de Glorina Gaynor ("I will survive") e coa letra escrita ex profeso polo EDLG deste centro, neste traballo preténdese denunciar a situación do idioma galego na actualidade. Este premio recoñece o labor das máis de 400 persoas implicadas, que conforman alumnado, profesorado, persoal non docente, pais, nais e veciños de Chapela.
Parabéns pola recompensa ó esforzo realizado durante todo un curso escolar que tivo como resultado a gravación no pasado mes de xuño deste estupendo lipdub.
Parabéns pola recompensa ó esforzo realizado durante todo un curso escolar que tivo como resultado a gravación no pasado mes de xuño deste estupendo lipdub.
Ningún comentario:
Publicar un comentario