Un ano máis achegamos o noso alumnado ó mundo da xustiza, a través dunha visita á Audiencia Provincial de Pontevedra. Asistían a un xuízo que, finalmente, non puido realizarse pola ausencia dun dos acusados. Aínda así, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polos seus profesores de filosofía, compartiron unha xornada co alumnado de Poio. Alí foron recibidos polo presidente da Sección Segunda, Xosé X. Barreiro Prado, e puideron facer todo tipo de preguntas para resolver as súas dúbidas sobre o tema.
A nosa visita tivo eco nunha morea de xornais no día de hoxe: Diario de Arousa, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Agradecemos a inestimable colaboración do Servizo Lingüístico desta institución para realizar estas visitas e a Xosé X. Barreiro por teimar no emprego do galego no ámbito da xustiza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario