1 DE MAIO: A BELEZA QUE CHE DEBO. NA TÚA MEMORIA

CINE: 
Unha manadiña de xoias con música
Na casa, de François Ozon
Excelente película francesa de 2012 para ver cos nosos alumnos dos  IES.  Lévanos da ficción á realidade e viceversa. Invítanos a fixarnos naquel alumno que se senta ao fondo da aula..., mais...

Ariel Rot - Papi dame la mano


Mediterráneo ,  de Gabriele Salvatores
 Película italiana de 1991. Talvez é tempo de que volvamos a Grecia. Entón, no filme, chegaron alí os xermanos para deixalos ben mortos, agora volveron para matalos vivos. Volvamos a Grecia para quedarnos alí e ver pasar o tempo desta guerra desde calquera outeiro nunha fermosa illa, sen máis. Para amala e amar e preservar a memoria da súa memoria, do seu legado. Que os ladros do norte e seus cómplices do sur  afoguen no seu propio lixo... Nós quedámonos coa beleza. Sinxela, fermosa...

Isadora, de Karel Reisz 
Película inglesa de 1968. Retrata a vida da bailarina Isadora Duncan, que prendeu en moitas de nós, seguramente, un soño de liberdade e de incansable búsqueda de beleza...

Manel - Deixa-la, Toni, deixa-la


Os catrocentos golpes,  de François Trufaut
Película francesa de 1959. Antoine Doinel, asfixiado polos problemas familiares e sociais e maila fría disciplina escolar, emprende a fuxida cara ao mar...

Oci Ciornie - Ninna Nanna


                                  Tess,  de Roman Polanski. 
Película de 1979, de ambiente inglés pero rodada  en Francia. Enorme recreación do seu autor a partir dunha novela inglesa. Non debe descoñecerse este relato feminista que é ademais unha gran obra de arte. 

Manel - Teresa Rampell



Chovendo pedras, de Ken Loach

Esta película inglesa de 1993 é bastante máis que unha obra 

divertida, encarna a loita pola dignidade humana, dereito que a 

señoraThatcher puxo en cuestión para asalariados e 


parados. 


Total, daquela, que máis lle daría á filla do tendeiro e, hoxe, á 

filla do pastor luterano e seus esbirros?



A Aura, de Fabián Bielinski 

Unha película arxentina de 2005, un thriller ben artellado e 

unha espléndida actuación de Ricardo Darín. Interesante.

MARIO BENEDETTI - TODAVIA

Ningún comentario:

Publicar un comentario