EXPOSICIÓN DE ANTROPOLOXÍA SOBRE A EVOLUCIÓN HUMANA
O
alumnado da materia optativa de Antropoloxía de 1º Bacharelato ven de realizar unha
exposición sobre a evolución humana dividida en dúas partes. Unha parte amosa o percorrido polas especies máis
destacables dos últimos 5 millóns de anos, idade aproximada na que a liñaxe dos
homínidos se separa da dos monos antropomorfos máis cercanos, os chimpancés e
orangutáns. A outra parte presenta uns paneis informativos sobre as razóns dos
cambios evolutivos dos antepasados humanos en África, sobre as teorías en pugna
acerca do ritmo de expansión desas especies fóra de África, e por último un
panel onde se contrapón a nosa especie, o homo sapiens sapiens, co home de
neandertal, un humano extinguido hai 35.000 anos e acerca do cal hai senlleiras
películas e novelas moi atractivas para os adolescentes. Resulta de interés
comprobar que os avances tecnolóxicos e políticos da civilicación son moi
recentes tomados nunha perspectiva diacrónica, e que humanos coma nós hai
100.000 anos vivían dun modo moi similar aos erectus de hai un millón.
Está no corredor do edificio 1, vinde a vela merece a pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario