Exposición sobre Manuel Lueiro Rey



A profesora Mª Peregrina Millán Gondar elaborou unha exposición en conmemoración do centenario do nacemento de Manuel Lueiro Rey, nacido en Fornelo de Montes, pero afincado no Grove dende os 7 anos de idade. 

Manuel Lueiro (1916-1990) foi unha figura relevante da chamada “Xeración do 36”, destacando como narrador, poeta e xornalista. 

A exposición inclúe distintos carteis que mostran as portadas dos seus libros, algúns poemas, frases emblemáticas e fotografías do autor. 



Así tamén podemos ver unha mostra das convocatorias de dous certames literarios que levan o nome de Manuel Lueiro: o concurso de novela curta convocado polo Concello do Grove e o concurso de poesía convocado polo Concello de Fornelo de Montes.









Por último, na exposición tamén podemos atopar dúas curiosidades : por unha banda, uns carteis do libro “La noche espera el alba” editado en Arxentina en 1971 e ilustrado por Luis Seoane; e por outra a fotografía dun libro de poesías en homenaxe ao Che Guevara, firmado por un grupo de escritores de aquela época, no que o nome de Manuel Lueiro acompaña ao de outros autores como Agustín Goytisolo, Vicente Alexandre ou Julio Cortázar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario