21 de marzo, Día Mundial da Poesía



Resultado de imaxes para día internacional da poesía








Un poema de Luísa Castro para celebrar o Día Mundial da Poesía




Os nenos do grupo son salvaxes coma min.
Tragamos cristais e son o xefe indio.
A tribo obedéceme
porque teño a lingua chea de cristais
e como terra.

Tocamos a través dos postes sen prevención,
amámonos polas tardes na cova do golpe
preto da estación onde a xente agarda con froita
                                             para enfermos,
fuximos á praia e non imos ó colexio,
os nosos pais búscannos ata o anoitecer,
estamos afogados entre os brazos dos polvos,
as nosas cabezas despeitéanse contra as rochas.

Pero na casa. 

(De Baleas e baleas. 1988)


Ningún comentario:

Publicar un comentario