O profesor de plástica Eduardo Pérez Baamonde fixo esta
fermosa e interesante acuarela. Titúlase Enredante (en-red-ado), nela un
mozo aparece facendo un selfie diante dun panel cunha paisaxe caribeña. Ten os
pés afundidos en lastres de cemento con iconas das redes sociais. No chan
espallados hai: unha botella, unha caixa de pizza, cabichas, un cinceiro... Non
sabemos se está dentro ou fóra pero a parede está esconchada.
Sen
dúbida quere transmitir varias mensaxes:
-
Queremos aparentar o que non somos.
-
Sublimamos modelos ou estilos de vida inalcanzables e enganosos.
-
O consumismo a ultranza fainos máis pobres e sectarios.
-
Non importa o que se é, senón a imaxe que os demais teñan de ti.
Parémonos a reflexionar, vivimos nunha cultura que se esconcha, que todo o quere rápido e pasaxeiro; o ser humano precisa tempo para formarse, para pensar. Non fagamos caso de todo aquilo que quere atraernos e confundirnos con cantos de serea. Non nos deixemos levar por unha subcultura superficial, enganosa e consumista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario