A VIDA É UN OCÉANO DE VERSOS: XELA ARIAS

 Como sabedes, este ano dedicámoslle o Día das Letras Galegas a Xela Arias, polo que a Real Academia Galega ofrécenos un enlace a través do cal poderemos consultar información e diversas actividades e concursos adaptados a todas as idades e coñecer á Xela editora e tradutora, pero tamén á muller comprometida coa nosa cultura, o pacifismo, o ecoloxismo e co movemento feminista.

  Como ben di na entrada:

                   Arriade os cabos, partimos con vento nas velas!    

                           Xela Arias. Primavera das Letras

Guía de cómic de primavera


 Aquí vos queda a guía de cómic da nova estación, mirade se vos gusta algún.

Na biblioteca temos moitos máis!

Encontro con Arantza Portabales

Arantza Portabales Santomé

Escritora galega nacida en Donosti e retornada coa familia cando era unha rapaza. Estudou Dereito en Santiago e traballa como interventora na Xunta de Galicia, mais ten outro traballo, o de narrar as historias que vai organizando pouco a pouco e de forma metódica ata que todo encaixa.

Comezou tarde a escribir, arredor dos corenta, pero de forma brillante. O xermolo de todo está no seu amor pola lectura. De aí pasou ao micorrelato e coas novelas que vós lestes (Deixe a súa mensaxe despois do sinal en 2017 e Beleza vermella en 2019, publicadas por Galaxia) deu o salto á fama. Estas obras están  ademais traducidas a varios idiomas coma o castelán, o italiano, o alemán ou o hebreo.

A súa última obra, Historias De Mentes (2020), regresa ao mundo da narración breve e conxúgao coas ilustracións de Javier Zabala.

Tivemos a fortuna o 22 de marzo de pasar unha tarde con ela falando das súas dúas obras, Deixe a súa mensaxe despois do sinal e Beleza vermella, sobre o proceso creativo, a recepción das obras literarias e como é ser escritora. Unha forma de achegarse ao mundo da lectura e á realidade das autoras e autores en galego no mundo editorial. Foi un pracer!

 



Guía de lectura de primavera.

 Aquí vos deixamos algunhas recomendación de lectura para esta nova estación, temos moitos máis, vinde a ver.


Día da poesía

O blog das bibliotecas escolares de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia publica na súa portada esta interesante reflexión:

  O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:

  «A diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra, compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos xeográficos.»


A biblioteca conta con numerosos exemplares de poesía de distintas épocas, culturas e autores. Aquí vos deixamos a guía de primavera de poesía, aproveitade e achegádevos a este xénero.
 
 

Deixámosvos aquí este diálogo entre os versos que 12 escritoras e escritores nacidos a partir da década dos oitenta en conversa íntima con cadanseu poema de Xela Arias, que eles e elas mesmas seleccionaron, nunha proposta para o día 21 de marzo no que se conmemora este Día Mundial da Poesía. Seguindo o fío do nomeamento de Xela Arias como figura homenaxeada do Día das Letras 2021, o Consello da Cultura Galega quere abrir un diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa, porque ambicionamos ese equilibrio dos extremos que perseguiu sempre Xela.

 Feliz Día da Poesía a todos/as!!!