O blog das bibliotecas escolares de Galicia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia publica na súa portada esta interesante reflexión:
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, unha data que serve para lembrar a importancia da Palabra poética, e para espallala. A directora xeral da UNESCO, Irina Bukova, é clara na súa declaración:
«A
diversidade poética bríndanos outro xeito de dialogar. Permítenos
descubrir que todos e cada un de nós, en calquera punto da Terra,
compartimos os mesmos interrogantes e sentimentos. É unha faceta da nosa
liberdade, é a nosa humanidade. Por iso a poesía debe ocupar o lugar que lle corresponde nos programas de educación de calidade. Mediante
o acceso á poética do mundo enteiro, os mozos poden dispoñer dun
instrumento máis, diferente, sutil e fluído, para mellorar o seu
coñecemento e comprensión dos demais. O descubrimento dun novo poema
constitúe un acto de inmersión na lingua, pero tamén na emoción e na
sensibilidade do outro, por moi distante que se atope en termos
xeográficos.»
A biblioteca conta con numerosos exemplares de poesía de distintas épocas, culturas e autores. Aquí vos deixamos a guía de primavera de poesía, aproveitade e achegádevos a este xénero.
Deixámosvos aquí este diálogo entre os versos que 12 escritoras e escritores nacidos a partir da década dos oitenta en conversa íntima con cadanseu poema de Xela Arias, que eles e elas mesmas seleccionaron, nunha proposta para o día 21 de marzo no que se conmemora este Día Mundial da Poesía. Seguindo o fío do nomeamento de Xela Arias como figura homenaxeada do Día das Letras 2021, o Consello da Cultura Galega quere abrir un diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa, porque ambicionamos ese equilibrio dos extremos que perseguiu sempre Xela.
Feliz Día da Poesía a todos/as!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario