O Día do Número Pi celébrase o 14 de marzo, unha data para conmemorar a existencia dunha constante matemática, que foi moi significativa a través da historia. A data escollida foi a máis representativa do número 3/14.
Foi a Cámara de Representantes de Estados Unidos, a que aprobou a creación deste día no ano 2009.
O Departamento de Matemáticas quixo recordarnos este curso a importancia deste número. Colocaron no edificio 2 grandes carteis que fan referencia a esta celebración, nos chanzos das escaleiras bandas de cores vivas con fórmulas matemáticas e no edificio 1 unha banda continua coas 2500 primeiras cifras decimais do nº pi que é irracional e polo tanto con infinitas cifras decimais que non teñen periodicidade.
Fixeron un vídeo do skyline de Pi que proxectamos na pantalla da entrada do centro:
Con números pódese demostrar calquera cousa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario