Arantza Portabales Santomé
Escritora galega nacida en Donosti e retornada coa familia cando era unha rapaza. Estudou Dereito en Santiago e traballa como interventora na Xunta de Galicia, mais ten outro traballo, o de narrar as historias que vai organizando pouco a pouco e de forma metódica ata que todo encaixa.
Comezou tarde a escribir, arredor dos corenta, pero de forma brillante. O xermolo de todo está no seu amor pola lectura. De aí pasou ao micorrelato e coas novelas que vós lestes (Deixe a súa mensaxe despois do sinal en 2017 e Beleza vermella en 2019, publicadas por Galaxia) deu o salto á fama. Estas obras están ademais traducidas a varios idiomas coma o castelán, o italiano, o alemán ou o hebreo.
A súa última obra, Historias De Mentes (2020), regresa ao mundo da narración breve e conxúgao coas ilustracións de Javier Zabala.
Tivemos a fortuna o 22 de marzo de pasar unha tarde con ela falando das súas dúas obras, Deixe a súa mensaxe despois do sinal e Beleza vermella, sobre o proceso creativo, a recepción das obras literarias e como é ser escritora. Unha forma de achegarse ao mundo da lectura e á realidade das autoras e autores en galego no mundo editorial. Foi un pracer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario