CHEGOU O SAMAÍN O IES DE VILALONGA.

O Departamento de Debuxo, en colaboración con Recreos Dinámicos e outro profesorado do Centro estivo preparando todo para ter un Samain de Medo e Terror na Biblioteca e no resto do centro.  

Moitas grazas a todo o alumnado involucrado na realización da decoración, que fai posible esta actividade. Isto é deles, e para eles.





















Magosto do 2024 no IES de Vilalonga.

Actividades que se realizaron no centro o día 29 de Outubro de 2024, relacionadas co Magosto e co certame literario de relatos curtos de Samaín. No que participaron os alumnos de ESO e Bacharelato. Neste caso entregáronse os premios o alumnado que mellores relatos fixeron.

En breve colgaremos os relatos nunha entrada no blog de "A Beira das Pabalras"

 

Tamén se fixo unha pequena castañada de Magosto, onde os alumnos de 4º de ESO venderon castañas para a súa viaxe.





Visita a Edugal 2024

 O alumnado do IES de Vilalonga foron a visitar EDUGAL













O alumnado de FP de Automoción sacando partido a Edugal, ensinando o que se fai no IES de Vilalonga




E logo temos vellos alumnos do centro que fixeron vida nos ciclos, e van a Edugal para abrirlle os ollos ós seus antigos compañeiros. 

Seguimos vendo imaxes da visita a Edugal.




Hora de Ler

Avanzamos unha semana máis no fomento da lectura. Así que poñemos Hora de Ler para o luns 28 de outubro a 4º hora de clase.

Esta semana imos a conmemorar a Semana de Samaín que se celebra no centro. 

A desfrutar da lectura e do Samaín.