O ALUMNADO DE 1º BAC E 3º ESO ACODEN A UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL
A Biblioteca do IES de Vilalonga colaborou co Departamento de Lingua Castelá e Literatura para que o alumnado de 3º ESO e 1º BAC puidera acudir, o pasado martes, 3 de febreiro, á representación dunha versión de La Celestina, a cargo da compañía Transeduca.
Esta representación levouse a cabo no Auditorio de Vilagarcía de Arousa e acudiron tamén outros centros da contorna e da propia Vilagarcía.
Tras a representación, que durou aproximadamente unha hora e dez minutos, o alumnado mantivo un coloquio cos actores, con preguntas interesantes sobre a actuación, a adaptación realizada e o propio oficio de actor / actriz, moitas delas plantexadas polo noso alumnado.
Un xeito diferente de disfrutar e aprender coa literatura!
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario