DEBUXA UN POEMA DE UXÍO



Estes lapiseiros son os traballos resultantes da actividade DEBUXA UN POEMA DE UXÍO, que realizou o alumnado de 3º da ESO. Parabéns polo resultado ós alumnos e alumnas e ó profe de plástica, Eduardo Baamonde, que os dirixiu nesta actividade.

EXPOSICIÓN DO CERTAME DE ADHESIVOS DO SALNÉS



Durante esta última quincena, podedes visitar na nosa biblioteca a exposición cos adhesivos premiados no XVI CERTAME DE ADHESIVOS organizado pola Coordinadora de ENDL do Salnés, que este ano tiña o lema "No mundo en galego".

Así mesmo, tamén podedes ver nos expositores os cómics publicados na revista ENORMIC BANDA 2010. Se alguén quere o seu exemplar pode recollelo na biblioteca.

A flor máis grande do mundo





Non sei se a máis grande do mundo, pero hoxe deixounos unha das maiores a máis auténticas voces da literatura dos últimos anos:

José Saramago.

Esta curta, con música de Emilio Aragón, está baseada nunha das súas escasas achegas á literatura infantil. Encheremos o baleiro que nos deixa a súa marabillosa voz, que resoaba como o son dunha buguina, coa lectura dos seus libros.

Aquí tedes un pequeno anaquiño do seu libro Todos os Nomes, no que se reflexiona sobre a morte:

"É mais do que certo e sabido que a morte, quer por incompêtencia de origem quer por má-fé adquirida na experiência, não escolhe as suas vítimas consoante a duração das vidas que viveram, procedimento este, aliás, entre parêntesis se diga, que, a dar cédito à palavra das inúmeras autoridades filosóficas e religiosas que sobre o tema se pronunciaram, acabou por produzir no ser humano, reflexamente, por diferentes caminhos, o efeito pardoxal duma sublimação intelectual do temor natural de morrer. Mas, indo ao que nos interessa, aquilo de que a morte nunca poderá ser acusada é de ter deixado ficar indefinidamente no mundo algum esquecido velho, apenas para se ir tornando cada vez mais velho, sem merecimento ou outro motivo visíbel. Já se sabe que por muito que os velhos durem, a hora deles acabará sempre por chegar"

Ben sabemos que neste caso chegaba só cos motivos visibles.

Alumnos do IES de Vilalonga premiados no Certame Literario do IES Sanxenxo 2010


Noraboa ao alumnado premiado!

ESO
PATRICIA PÉREZ DOMÍNGUEZ - IES VILALONGA 3º C (DC)
ARANCHA LAMELAS PRIETO - IES VILALONGA, 3º ESO-C (DC)
SOFÍA DEARRIBA - IES VILALONGA, 4º ESO-B
ALEJANDRO PRIETO VIDAL - IES VILALONGA, 4º ESO-B



BACHARELATO
TAMARA DEZA MARTÍNEZ - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SILVIA MARTÍNEZ REY - IES VILALONGA, 1º BACH-A
TOMÁS MANUEL GONZÁLEZ RIAL - IES VILALONGA, 1º BACH-A
ROBERTO MARTÍNEZ DOS REIS - IES VILALONGA, 1º BACH-A
MIRIAM SARTAGES GARCÍA - IES VILALONGA, 1º BACH-A
CARMEN CIRUJANO PORTELA - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SANTIAGO LAGO CASAL - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SERGIO PRIETO RODRÍGUEZ - IES VILALONGA, 1º BACH-A
LAURA CACHEDA QUIÑONES - IES VILALONGA, 1º BACH-A
SARA AGUÍN SARTAGES - IES VILALONGA, 1º BACH-A


A repartición de premios tivo lugar  o luns, 14 de xuño, no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

HOXE COMEZA A SELECTIVIDADE


Foto de Ramón Leiro.

Moita sorte e moito ánimo para o noso alumnado que está a facer esta proba.

Deixámosvos aquí unha estrevista que lle fixo La Voz de Galicia a semana pasada á nosa alumna Lorena Méndez.

Ti tamén podes ganar o Xerais

Esta fin de semana entregáronse os Premios Xerais de 2010.
O Premio Merlín foi para  Teresa González Costa.




E o Premio Xerais, para Iolanda Zúñiga.




Son dúas rapazas novas do noso tempo que atopan a súa forma de expresión artística a través da escrita en galego.
Teresa e Iolanda demostran que o galego ten futuro e a literatura galega segue a florecer nas mil primaveras que dicía Álvaro Cunqueiro.
Míraas, non son como túa nai, nin como teu pai, nin tampouco son como os teus profes,  nin sequera son como a maioría de escritores e escritoras. Elas son coma ti, si, si, coma ti, son coma ti dentro duns anos, porque ti, aínda que non o saibas,  TI TAMÉN PODES GAÑAR O XERAIS!

*Toda a información sobre os Premios Xerais 2010 no blog de Xerais.

A lavandeira da noite. Noa e Carlos Núñez

Boa lección de como se pode cantar perfectamente en galego sen ser nativa. Unha achega para derrubar os moitos prexuízos que aínda sofre a nosa lingua.

Exposición de Adela Leiro e Carlos Puga



O noso centro conta estes días coa exposición de fotografías do Courel inspiradas nos poemas de Uxío Novoneyra. Damos as grazas a Adela Leiro e Carlos Puga por tan coidadoso traballo.

Creatividade a prol do galego

IES Pedras Rubias - Salceda de Caselas (maio 2010). Este vídeo está realizado coa técnica de "stop - motion", a través da animación gráfica de fotografías (fotogramas). Colabora García MC (Dios ke te Crew)

OS NOSOS PARABÉNS POLO VÍDEO.