SANTIAGO, DA LENDA Á HISTORIA. VIAXES.




4º ESO (DC) ENTRA EN SANTIAGO
POLO CAMIÑO PORTUGUÉS.

O día 16 de decembro os alumnos de 4º de ESO (DC) visitan Santiago de Compostela. Fan a pé desde o Milladoiro e guíannos, por quendas, ata a Praza do Obradoiro e o interior da catedral, entrando pola Porta de Faxeiras e a rúa do Franco. Á luz das guías, previamente preparadas, e das súas investigacións sobre a historia do camiño veremos un amplo abano de fermosos recantos da cidade vella. Ademais dispoñen xantar no Parque de Bonaval, esixen unha mirada do Campus Sur desde o balcón da Ferradura e toman a firme decisión de volver en tren para entrar en Vilagarcía a carón da ría, ao solpor, e degustar o luxo das comunicacións das que habitualmente carecen.

EXCELENTE VIAXE!

Guión de traballo: O Camiño de Santiago, unha ficción / De como a lenda se vai fecendo historia / Da historia á publicidade / As vías máis importantes / O Camiño de Santiago unha ruta de cultura e coñecemento, de economía e progreso / Elaboración de guía e plano: Milladoiro-Praza do Obradoiro.

Bibliografía: Otra idea de Galicia, Miguel-Anxo Murado; Guía e rutas da arte. Santiago de Compostela, B. Cegarra, Galaxia; Guía da Catedral de Santiago, A nosa Terra; Hª da arte , Pilar Díaz, Lóstrego; Galicia na I. Media, A. Mª Framiñán, Lóstrego; O Camiño de Santiago, C. A. González, Lóstrego;De acuarelas por Santiago, E. Baamonde.
"Meiga": recursos web; arhttp://www.arteguias.com/camino-santiago-historia.htmte; Wikipedia; http://www.vallenajerilla.com/berceo/santiago/economia.htm

Biblioteca/Ámbito Sociolingüístico

BOAS VACACIÓNS DE NADAL!




Biblioteca e EDL deséxanlles
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

Agradecemos ó noso profesor de plásica, Eduardo P. Baamonde, que nos agasalle unha vez máis cos seus marabillosos traballos e aproveitamos para felicitar a todos e a todas con el.

Flashmob do IES As Barxas para felicitar 2011

Tráiovos hoxe o último traballo do Equipo do IES As Barxas, trátase dun flashmob protagonizado polo alumnado para vos felicitar o aninovo.
Un flashmob consiste nunha actuación sobre a realidade na que un conxunto de persoas se poñen de acordo nun lugar e momento determinados para realizar unha acción simultánea cunha determinada finalidade ou só por pura diversión. 
No noso caso, ademais de divertirnos, pretendemos chamar a atención sobre a importancia da recuperación dun tempo propio para termos unha vida máis feliz.
Segundo a información da que dispoñemos trátase do primeiro flashmob realizado nun centro de ensino galego.
A música atopámola en Jamendo, trátase dun tema de Galdson, que non é outro que o mestre de Ortigueira Vicente Orjales.
A estupenda montaxe do vídeo realizouna Luz, a profesora de plástica.
Se che gusta, PÁSAO!

CURTAMETRAXES no auditorio E. PARDO BAZÁN



O IES de Sanxenxo convidou ó noso alumnado de 3º e 4º da ESO a visualizar curtas en galego no auditorio Emilia Pardo Bazán no día de onte.



Estas foron as curtas que se proxectaron: O PREZO DO DOTE, XINETES NA TORMENTA, A ROSA DOS VENTOS, AMELIA E AS SEREAS, TOXIC PERCEBE, MAN e CADERNO DE BITÁCORA.

CINE NO IES

Dúas novelas.  Pídeas  na  BIBLIOTECA

CINE

1º de ESO

O neno co pixama a raias, Mark Herman . Luns, 20 de decembro, 3ª/4ª h. Salón de Actos.

Dúas novelas.  Pídeas  na  BIBLIOTECAhttp://www.labutaca.net/films/62/el-nino-con-el-pijama-de-rayas.php


2º de ESO

A maldición dos foxos, Andrew Davis Mércores, 22 de decembro, 1ª/2ª h. Salón de Actos.

http://www.todocine.com/mov/00511701.htmmov/00511701.htm

Biblioteca e Normalización Lingüística



O APALPADOR



O Apalpador por Xoán G.

O Apalpador vive nas devesas do Courel
desde hai tantos anos que ninguén sabe xa
cantos ten.

Pasa o día a apañar madeira como cando era
carboeiro, aínda que agora a que procura é
doutras castes máis finas.

E no outono aproveita a viaxe
e tamén vai ás castañas.

De volta a casa, senta a carón da lareira e
escolle con moito agarimo a madeira máis
seca e de mellor calidade, saca a súa navalla
e ponse a entallar.

E así pasa un día e outro, e outro, e outro...
Pero polo Nadal deixa a
navalla e baixa a todas as casas
da Galiza cunha morea de
agasallos para repartir.

Antón e Antía arelan a
Noite do Apalpadoiro
e andan tan bulideiros que
non queren ir para a cama.

Pero saben
que se fican espertos
non han
vir os agasallos!

E, ao cabo, rematan caendo de sono.

Con agarimo
para non os
espertar, o Apalpador
aloumíñalles as barriguiñas
por ver se están mantidos.
E como os dous cearan
abondo...

...aleda e bísballes amodiño:
—Así, así esteades todo o ano!
e coa mesma,
déixalles unha
presa de castañas
na mesa de noite.

Pero os agasallos déixallelos agochados por
toda a casa, así que ao se ergueren pola mañá
terán que xogar a atopalos.

http://www.apalpador.com/


MANUEL NÚÑEZ SINGALA visitounos.





Manuel Núñez Singala visitou o noso instituto para departir co alumnado de 2º de bacharelato sobre os múltiples prexuízos que afectan á lingua galega. Contamos tamén cun presentador de excepción, o profesor e pintor Eduardo Pérez Baamonde, amigo e compañeiro desde infancia do escritor.