Azur e Asmar

Actividade multidisciplinar:
AZUR E ASMAR

CINE / ANIMACIÓN / OUTRAS LINGUAS / OUTROS MUNDOS / OUTRAS CULTURAS…
CABEMOS TODOS!
Do Congreso sobre Plurilingüismo na
escola.Ensino de segundas linguas en contextos académicos, que organizaron as profesoras de Lingua Española na Facultade de Filoloxía de Santiago, en xullo, tomamos prestado un apunte para un concurso lúdico sobre a película, do director francés Michel Ocelot, Azur e Asmar. Pasámosllo aos profesores de  Ciencias Sociais, que a utilizaron como portal de introdución a cultura árabe. O último día de clase (1º trimestre) proxectouse para todo o 1º ciclo de ESO en dúas sesións. Os alumnos de 1º recibiron antes do pase da película a ficha de concurso que lles daba dereito a premio se tiñan bastantes acertos. Foi divertido, viaxaron con soltura, adubaron con especies, acertaron moitas, xogaron coas linguas, fixeron tradución simultánea e empregaron a sinonimia se se despistaba a memoria.

                        FORON MOI SABIOS!  

Moi ben polo traballo dos profesores!

A PELÍCULA DA SEMANA                           

Azur & Asmar  

FICHA TÉCNICA:

Dirección y guión: Michel Ocelot.
Países:
Francia, Bélgica, Italia y España.
Año: 2006.
Duración: 99 min.
XÉNERO: Animación.
PRODUCIÓN: Christophe Rossignon.
MÚSICA: Gabriel Yared.
FOTOGRAFÍA:
Kyle Badla.
MONTAXE: Michèle Peju.
DECORADOS: Anne-Lise Lourdelet.
ESTREA EN FRANCIA: 25 Octubre 2006.
ESTREA EN ESPAÑA: 16 Marzo 2007







Usar o blog 2

Serie de 9 vídeos onde se explica paso a paso como crear unha entrada e as principais posibilidades que temos.









Usar o blog 1

Neste vídeo explícase como comezar a crear un blog en Blogger.

ABRIL DOS LIBROS E MAIO DAS LETRAS

CERTAME LITERARIO
ABRIL DOS LIBROS E MAIO DAS LETRAS

POESÍA

CATEGORÍA A

1º PREMIO

DESERTO

2º PREMIO

“MI CLASE”
30€
Antón Rial García 1º ESO-A

CATEGORÍA B
1º PREMIO

“O ESPERTAR”
60 €
Míriam García Otero 4º ESO-A
2º PREMIO

“TODO É POESÍA”
30 €
3º ESO-C (DC)
2º PREMIO

“CORES”
30 €
Xoel Salgueiro McCormack

CATEGORÍA C
 1º PREMIO

“POESÍA ES EL OLOR DE UNA ALCANTARILLA”
60€
Álvaro Santamaría Fandiño
2º PREMIO

“POESÍA ES UNA PLAYA VACÍA AL ANOCHECER”
30€
Laura Cacheda
2º PREMIO

“POESÍA ES UN ANCIANO QUE HA VISTO LA VIDA”
Míriam Sartages García
30€


NARRATIVA

RELATO CURTO
CATEGORÍA A


1º PREMIO

DESERTO

2º PREMIO

DESERTO



CATEGORÍA B


1º PREMIO

“ALGO INSÓLITO”
60 €
Patricia Pérez Domínguez 3º ESO-C
2º PREMIO

“A HISTORIA DO VELLO RÍO”
30 €
J. Carlos Rodríguez Meis 3º ESO-C
2º PREMIO

“ZIP”
30 €
Sarai Gondar Domíguez 3ºESO-A

Para que les? 1º A



Para que les?

Os alumnos de 1º ESO-A están en todo: na Biblioteca, en Internet, no Club de lectura, nos libros, no certame literario “Abril dos libros, Maio das letras”, na exposición de Para que les
Enriba van e escriben estas marabillas, ilustran como ninguén e teñen unha imaxinación…!  Hai que botalos fóra! Acabarán sabendo máis ca nós!

Leccións de Gloria Durban


ITINERARIO FORMATIVO - UNIDADES DE GLÒRIA DURBAN
Materiais para te converteres nun experto en información. 

Vacacións 2º B

Recomendacións lectoras d@s expert@s de 1º A

Este ano no instituto tivemos unhas lectoras e uns lectores moi cualificados en 1º A, pois ben, é tanta xa a súa experiencia lectora que nos van deixar as súas impresións sobre os libros que leron durante o curso para que poidades deixarvos aconsellar por elas e eles para as vosas lecturas das vacacións.

VI Certame Literario IES de Sanxenxo



O luns pasado asistimos á entrega dos premios do Certame Literario do IES de Sanxenxo que van xa pola súa sexta edición.


O 23 de abril de 2010, o IES de Sanxenxo, comandado por Loli, acollíanos a persoas de seis centros educativos do Salnés para un acto de creación simultáneo. Alí, máis de 200 alumnas e alumnos crearon poesía e prosa partindo da  escrita de Yolanda Castaño. Impresionaba ver todas aquelas cabezas bulindo na procura da palabra, nun ximnasio convertido en fervedoiro creativo.


Agora, case dous meses despois, reuníronnos para entregar os seus premios nun auditorio Emilia Pardo Bazán do concello pontevedrés practicamente cheo de familias e rapazada.


Os condutores do acto foron os membros da compañía de teatro Elefante Elegante, que adaptaron o seu espectáculo O Forno para a ocasión introducindo de xeito cómico a reflexión sobre a importancia dos libros e a literatura. Madame Lisette (María Torres) e O Barón (Gonçalo Guerreiro) divertíronnos cos seus diálogos acompañados pola música de Alex Fente.


A mantedora do acto foi a poetisa Yolanda Castaño que principiou falando da necesidade de nos expresar e da tendencia que cadaquén ten para facelo a través dunha determinada arte para logo se centrar na creación e máis propiamente na creación poética. Logo foi recitando algunha das súas composicións ao tempo que as explicaba e realizaba unha reivindicación das minorías culturais como un elemento positivo e fundamental na vertebración dunha sociedade sá.


Por último, queremos agradecerlles aos bibliomaníacos do IES de Sanxenxo o ben que nos trataron.
Tamén desexamos felicitalos polo seu apoio á creación literaria entre a mocidade.