Participación do alumnado de 4º ESO no Congreso INNOVA FP Galicia

O evento ‘Innova FP Galicia’ tivo lugar en Santiago de Compostela os días 23 e 24 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia e reuniu centros educativos, alumnado, profesorado e empresas  vinculados á formación profesional. 


Os asistentes puideron coñecer de primeira man os proxectos de innovación desenvolvidos polos centros de ensino e alí estaba o noso alumnado de 4º ESO presentando o seu obradoiro de robótica "RoboticByMe" coa súa profesora Susana Oubiña. En grupos de 10 interactuaron  con diferentes robots para presentar ó público os proxectos realizados na materia de Tecnoloxía durante o presente curso académico e chamaron a atención de moitos docentes.



O noso alumnado aproveitou tamén para interactuar noutros obradoiros relacionados con diferentes ciclos da FP de Galicia e descubrir cousas novas.
  
                       
                       RoboticByMe (Innova FP Galicia) from Susana Oubiña Falcón on Vimeo.

Profesorado e alumnado valoraron esta actividade de xeito moi positivo. Preguntando ao alumnado pola súa experiencia responden con expresións como  "xenial", "lo más", "nos dijeron que éramos los más pequeños y los que mejor lo habíamos hecho" e non hai mais que ver as súas facianas cheas de orgullo e ledicia para darse de conta que ademais de aprender disfrutan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario