O venres 29 de abril tivo lugar o
encontro entre ex-alumos/as do Centro que están cursando primeiro na
Universidade e alumnos/as de 2º de bacharelato, como xa ven sendo habitual nos
últimos anos.
Os universitarios
comentan a súa experiencia na Selectividade e danlle consellos aos aspirantes,
en xeral tratan de quitarlle ferro ao asunto e de tranquilizalos. Comentan
tamén as súas experiencias no 1º ano de facultade: a matrícula, as clases, os
profesores, a vida fora da casa,etc.
Resultou unha xornada
moi agradable e ata divertida, esperamos que tamén útil.
ÁNIMO CHICOS/AS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario