O alumnado da materia optativa de Antropoloxía de 1º Bac
elaborou unha exposición sobre dous temas.
O primeiro deles sobre as "Escolas de antropoloxía
cultural", a cargo dos alumnos e alumnas de 1º Bac A e B, onde explican as
principais escolas ou teorías (Evolucionismo, Funcionalismo, Materialismo,
etc.) que desde o século XIX ata a actualidade se ocuparon de explicar por que
a humanidade desenvolveu culturas tan dispares en tódolos recuncho da Terra.
O segundo tema (alumnado de 1º Bac C e D), é a análise e
explicación de algunhas peculiaridades culturais moi rechamantes desde a noso
punto de vista, como poida ser o canibalismo dos aztecas, o maltrato ás
mulleres dos ianomami ou o sentido do honor dos xaponeses.
Neste enlace pódense ver os carteis da exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario