Mendoza (Barcelona,1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa
publicación de “La verdad sobre el caso Savolta”, que recibiu o Premio da
Crítica. Dende entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de
teatro e catro ensaios. O xurado, tal como recolle a acta, outorgoulle o premio
“porque, coa publicación en 1975 de “La verdad sobre el caso Savolta”, inaugura
una nova etapa da narrativa española na que devolveu ao lector o goce polo
relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa
brillante carreira como novelista”.
Moitos dos seus libros témolos na biblioteca,
ven por algún e goza da súa lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario