O 5 de decembro a 4ª e 5ª hora da mañá, tivo lugar a actuación
da contacontos Ángeles Goas. A 3ª hora asistiron os alumnos de 1º
A e 3º B, e a 5ª hora os de 1ºB, 1º C e 3º A.
Esta
actividade enmarcouse dentro das actividades de cohesión do programa
TEI. Tentamos que o alumnado participante neste programa fixeran
actividades en común, se relacionaran e se divertiran xuntos.
A
sesión de contacontos levou o título de “ O medo é libre” e
consistíu nunha serie de historias, con base real, na que Ángeles
contou en ton de humor, situacións nas que o medo domina a vida da
xente e de como o sentimento do amor sempre se sobrepón ao do medo e
da angustia.
A
actividade resultou satisfactoria para os alumnos. Ángeles
Goas é Profesora de Educación Infantil. A raíz da súa profesión
e vocación, leva máis de 20 anos contando contos para nenos. Nos
últimos 3 anos comezou a súa andaina como contadora de contos para
maiores. Ten un estilo moi claro, unha expresión moi diáfana, na
que combina o humor, a tenrura e o sentido común. Deste xeito, vai
levando ao público a través das personaxes e do fío das historias,
enmarcadas case sempre no rural galego, cara unha conclusión sempre
positiva e alentadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario