Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

Contacontos no IES de Vilalonga


O luns, día 25 de marzo, estivo con nós a arista e conta-contos Charo Pita. Fixo tres sesións de unha hora cada unha, co alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Narrou varias historias, de distintos continentes, nas que se mezclaban o humor e a reflexión. O alumnado manifestou que lle resultara entretida e interesante.

Un contacontos en Vilalonga


                                             

O pasado xoves 22 de marzo  o IES de Vilalonga recibiu a visita de Celso F. Sanmartín. Foi unha interesante sesión coa que o famoso contacontos  fixo que o final do trimestre fose máis entretido para o alumnado de 3º e 4º  de ESO.

Unha actividade programada polo EDLG, o departamento de Lingua Galega e Literatura e a Biblioteca na que Celso mantivo a expectación  de rapaces e rapazas que mesmo renunciaron a parte do seu recreo para escoitaren unha historia  máis.
A conexión co lalinense foi máxima durante unha conversa posterior na biblioteca con estudantes de 3º A que se interesaron polo seu labor de contacontos.

Quen sabe se no noso centro ten Celso continuadores ou continuadoras por descubrir!!






CONTACONTOS: SOLEDAD FELLOZA

Entramos na recta final antes das vacacións e para quedarnos cun bo sabor de oído, hoxe temos co alumnado de 2º bacharelato a SOLEDAD FELLOZA. Unha actriz e fotógrafa de orixe uruguaia e galega de adopción, que compartirá connosco o seu espectáculo de contacontos: 

O COMEZO DO MUNDO
Contos e historias de mulleres.

Resultado de imagen de SOLEDAD FELLOZA CONTOS DO MUNDO

O TEI TRAE UNHA CONTACONTOS



 O 5 de decembro a 4ª e 5ª hora da mañá, tivo lugar a actuación da contacontos Ángeles Goas. A 3ª hora asistiron os alumnos de 1º A e 3º B, e a 5ª hora os de 1ºB, 1º C e 3º A.
Esta actividade enmarcouse dentro das actividades de cohesión do programa TEI. Tentamos que o alumnado participante neste programa fixeran actividades en común, se relacionaran e se divertiran xuntos.
A sesión de contacontos levou o título de “ O medo é libre” e consistíu nunha serie de historias, con base real, na que Ángeles contou en ton de humor, situacións nas que o medo domina a vida da xente e de como o sentimento do amor sempre se sobrepón ao do medo e da angustia.
A actividade resultou satisfactoria para os alumnos. Ángeles Goas é Profesora de Educación Infantil. A raíz da súa profesión e vocación, leva máis de 20 anos contando contos para nenos. Nos últimos 3 anos comezou a súa andaina como contadora de contos para maiores. Ten un estilo moi claro, unha expresión moi diáfana, na que combina o humor, a tenrura e o sentido común. Deste xeito, vai levando ao público a través das personaxes e do fío das historias, enmarcadas case sempre no rural galego, cara unha conclusión sempre positiva e alentadora.  



XVII Salón do Libro infantil e xuvenil de Pontevedra

Un ano mais chega a Pontevedra o Salón do Libro dirixido aos mais novos e adicado este ano aos animais de todo tipo. Podedes visitalo do 1 ao 23 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra e ver as exposicións, participar nos obradoiros, asistir a representación de obras teatrais e ás sesións de contacontos. Hai actividades que requiren inscrición previa. podedes consultar o programa neste enlace


Entrega dos premios dos adhesivos con Paula Carballeira




O pasado xoves 26 de marzo contamos coa presenza de Paula Carballeira, que nos deleitou cos seus contos de medo e nos axudou na entrega de premios do Concurso de adhesivos da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino secundario do Salnés, que este ano tivo como lema "Así falamos nós. As nosas variantes dialectais". 

Na foto de arriba falta só unha das flamantes gañadoras, todas elas mulleres.

CATEGORÍA 1º CICLO ESO 

Nerea Vázquez Pérez do CPI O Mosteiro polo seu traballo: "Mans e maos únense en Galicia" (1º premio)

Uxía Piñeiro Moldes do IES Bouza Breu polo seu traballo: "Sinseramente ghalegho" (2º premio)

CATEGORÍA 2º CICLO ESO

Carolina Sampedro Gesteira do IES Cabanillas polo seu traballo "Na diversidade está a calidade"(1º premio)

Uxía Outón Regueiro do IES de Barro polo seu traballo "A mesma lingua, distintas falas" (2º premio)

E as dúas gañadoras do noso centro na
CATEGORÍA: BACHARELATO, CICLOS FORMATIVOS

Lucía Pérez González polo seu traballo "Ghaiteiro"(1º premio)

Ana Otero Gómez polo seu traballo "Ghoma"(2º premio)