O Premio Cervantes é o máximo recoñecemento ó labor creador dos escritores españois e latinoamericanos, cuxa obra contribuirá a enriquecer o patrimonio literario da lingua española.
Este ano foi concedido ao escritor catalán Eduardo Mendoza (Barcelona 1943), estudou Dereito e taballou de avogado na cidade condal e posteriormente como tradutor na ONU. En USA publicou a súa primeira obra "La verdad sobre el caso Savolta", considerada como a primeira novela da transición democrática.
Ten unha traxectoria longa como escritor, con numerosas obras nas que mestura diversos xéneros: novela histórica, novela negra, humor, etc.
Moitas das súas obras están na nosa biblioteca: Achégate a elas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario