Coa banda sonora de Salif Keita en cuxa letra autobiográfica se recoñece o protagonista, Szymo, da súa última novela, Camiños na auga, queremos recibir a MANUEL NÚÑEZ SINGALA, que nos visita para darlle unha charla ó alumnado de 1º de bacharelato que leu o seu libro como lectura obrigatoria.
Nesta ocasión este autor que tan bos momentos nos ten feito pasar no club de lectura coas súas obras teatrais, O achádego do castro e Comedia bífida, virá para poñer sobre a mesa un tema moito máis espiñento como é a violencia que sofren os albinos en África.
Non é a primeira vez que recibimos a súa visita no noso centro, no 2011 veu para traballar no seu labor de activista a prol da lingua galega, naquela ocasión En galego, por que non?, foi a escusa. Na actualidade Sacar a lingua é de mala educación é o seu novo traballo sobre esta diferenza, neste caso, ligüística, que nos atinxe tan de preto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario