Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Núñez Singala. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Núñez Singala. Amosar todas as publicacións

Manuel Núñez Singala cos seus "CAMIÑOS NA AUGA"

Manuel Núñez Singala compartiu unha charla connosco sobre a súa novela "Camiños na auga", que son os camiños que percorre o seu protagonista Szymo para fuxir de África e procurar unha nova vida en Europa, nun lugar onde espera que a súa diferenza non sexa tal, dado que el é un africano albino.


Máis fotos desta actividade nesta ligazón.

A charla estivo presentada polo noso compañeiro de EDLG e compañeiro seu durante os anos de escola en Vilalba, Eduardo P. Baamonde e nela sinalou por unha banda, o seu labor profesional no Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e por outra, a súa traxectoria como escritor. Algo que Manuel Núñez Singala matizou que facía evidentemente porque lle gustaba e dado que non era do que tiña que vivir tamén tiña máis liberdade para crear sobre aqueles temas que a el lle interesaban.

Con esta novela de iniciación ou aprendizaxe comentoulle ó noso alumnado que tamén pretendía que se mentalizasen do camiño que eles ían emprender na vida.

Algúns alumnos preguntaron sobre a posibilidade de seguir a contar a historia de Szymo, xa en España. Ó que respondeu que non tiña ningún sentido para el seguir con esta narración, á parte de que non era partidario das segundas partes nas historias.

Neste  documental podemos acheganos ás duras imaxes desta diferenza

Manuel Núñez Singala vén hoxe falarnos da diferenza.

Resultado de imaxes para manuel núñez singala

Coa banda sonora de Salif Keita en cuxa letra autobiográfica se recoñece o protagonista, Szymo, da súa última novela, Camiños na auga, queremos recibir a MANUEL NÚÑEZ SINGALA, que nos visita para darlle unha charla ó alumnado de 1º de bacharelato que leu o seu libro como lectura obrigatoria.



Nesta ocasión este autor que tan bos momentos nos ten feito pasar no club de lectura coas súas obras teatrais, O achádego do castro e Comedia bífidavirá  para poñer sobre a mesa un tema moito máis espiñento como é a violencia que sofren os albinos en África.

Non é a primeira vez que recibimos a súa visita no noso centro, no 2011 veu para traballar no seu labor de activista a prol da lingua galega, naquela ocasión En galego, por que non?, foi a escusa. Na actualidade Sacar a lingua é de mala educación é o seu novo traballo sobre esta diferenza, neste caso, ligüística, que nos atinxe tan de preto.

"Ensinas máis do que cres"


Ensinas máis do que cres from SNL da USC on Vimeo.
vimeo

"Cando un docente usa o galego o seu alumnado tamén o emprega moito máis. Amparado nun estudo realizado na USC que demostra que un mesmo grupo de clase usa o galego nos exames ata un 70% máis co profesor que lle imparte as clases nese idioma que co docente que o fai en castelán, o Servizo de Normalización Lingüística da USC lanza a campaña ‘Ensinas máis do que cres’." 

Estas son as palabras literais na presentación desta campaña da man do responsable do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala este martes pasado.

  
  

Manuel N. Singala "En galego, por que non?"





O alumnado de 2º de Bacharelato recibiu unha charla de Manuel Núñez Singala sobre as "Simplificacións e prexuízos da lingua galega" o pasado día 22 de novembro.

Un ano máis, o autor de En galego, por que non?, captou a nosa atención co seu relatorio abondoso en exemplificacións útiles para combater os prexuízos lingüísticos e as ideas simplificadas, que afectan ó noso idioma e ós seus falantes.