Opinións do alumnado:
"Na miña opinión, a
actividade foi moi interesante e enriquecedora, posto que a aplicación práctica
da teoría serviunos para entendela mellor. A pesar de que a parte das cuestións
previas foi bastante pesada, o xuízo mellora co interrogatorio e foi unha mágoa
que non puidésemos quedarnos ata a súa finalización. Por otra banda, cabe
resaltar a importancia mediática do asunto (o xuízo aparece o mesmo día na TVG)
que me fixo sentir algo incómodo debido á insistencia das cámaras en fotografar
nun principio. Finalmente, teño unha consideración firme sobre os acusados que
non direi pero pode que coincida (ou pode que non) coa sentenza do xuíz."
Toni Casal.
"O xuízo en xeral encantoume, sorprendeume en especial a figuara do fiscal e a súa facilidade para contraargumentar todo o que dixeran anteriormente os avogados. Tamén me pareceu especialmente interesante a interveción dos avogados, que falaban moi en xeral e case nunca facían referencias concretas aos feitos. Por último, o interrogatorio aos acusados por parte do fiscal sorpendeume moito, xa que esperaba máis preparación por parte dos acusados, notábase que o fiscal sabía exactamente que preguntas facer para demostrar a súa culpabilidade. Quedei con ganas de ver a intervención dos peritos e o interrogatorio aos acusados por parte dos avogado. Repetiría a experiencia sen dubidalo."
Rocío Matilla
Agradecemos un ano máis a colaboración de Anxos Sobriño, a lingüísta do Servizo Lingüístico da Audiencia Provincial de Pontevedra nesta actividade.
Nas seguintes ligazóns tedes o seguimento na prensa do xuízo:
Despois da vista de onte: http://www.crtvg.es/informativos/comeza-en-pontevedra-o-xuizo-contra-a-banda-de-pelopincho-2821607
Faro de Vigo (29/03/2017):
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/03/29/sombra-pelopincho-villaverde-amil-planea/1650667.html
La Voz de Galicia (29/03/2017):
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2017/03/29/desaparicion-villaverde-amil-sobrevuela-juicio-fallido-alijo-4-toneladas/0003_201703P29C4992.htm
Pontevedra Viva (28/03/2017:
http://pontevedraviva.com/xeral/35467/audiencia-haxis-pelopincho-traficar-catro-acusados/
Ningún comentario:
Publicar un comentario